Liga de 2ªB. Pontevedra 2-0 Salamanca
Liga de 2ªB. Pontevedra 2-0 Salamanca

O Pontevdra saúda de novo o liderato tras superar a resistencia dun Salamanca que se agarrou ao seu porteiro, o debutante Barbero, para conter o acoso granate nun primeiro tempo con escasas ocasións de gol. Unha cabezada de Rufo e outra do central Xisco Campos foron a única achega ofensiva dos pontevedreses nestes corenta e cinco minutos. Todo mudou coa expulsión de De Lorenzi no minuto 57 por este derrubo a Charles cando encaraba ao meta de Barbero. O central arxentino xa contaba cun cartón amarelo da primeira metade. A partir de aquí, desatáronse os ataques pontevedreses contra a meta salmantina con remates de Álex González, Charles, Xisco Campos e Iñaki rexeitados por un sensacional Dani Barbero. O muro dos de Egea semellaba imposible de derrubar. A súa resistencia durou ata o minuto 89, cando o meta lle fai penalti a Rufo, que Charles se encarga de transformar no un a cero. Segndo tanto do dianteiro na Liga, ambos de penalti. Co Pontevedra lanzado, Charles conduce unha contra e serve para que marque o seu compañeiro, o goleador Rufo que lograba o seu primeiro tanto. Con esta vitoria, os pontevedreses recuperan o liderato por mellor diferencia de goles que o Deportivo. Aquí tedes o partido completo: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/futbol-2-b-pontevedra-c-f-salamanca-c-f-uds-4664074



Liga de Terceira. Resumo dos mellores encontros ⚽
Liga de Terceira. Resumo dos mellores encontros ⚽

Aquí tedes os resumos dos seguintes partidos: -Arousa 2-1 Ourense CF -UD Ourense 2-0 O Barco -Choco 0-0 Arenteiro -Atios 1-0 Ribadumia -Estradense 2-1 Rápido de Bouzas -Polvorín 4-1 Viveiro -Silva 1-1 Fabril




« Previous


Popular Tags

#Football Defensive Skills  #Best Goals  #Goal Celebrations  #Best Football Defending Skills  #Stephen Curry  #Paul Pogba  #James Harden  #Los Angeles Lakers  #Miami Heat  #Kevin Durant  

Popular Users

#AdamSchefter  #wizkhalifa  #BillGates  #rihanna  #alexmorgan13  #HEELZiggler  #rioferdy5  #geniebouchard  #cesc4official  #blakegriffin23  #BaileyLAKings  #Drake  #MikePereira  #BarackObama