Televisión de Galicia's user profile page. Match highlights, posts and more on site!

“”

 Report User

Latest Posts

Liga de 2ªB. Deportivo 1-2 Celta B
Liga de 2ªB. Deportivo 1-2 Celta B

O Celta B asalta Riazor e gaña por 1-2. Alfon marcou os dous goles do filial celeste. Borja Galán anotou para o Deportivo Podes ver o partido íntegro en http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/futbol-2-b-r-c-deportivo-r-c-celta-b-4696465



Liga de 2ªB. Salamanca 0-3 Celta B
Liga de 2ªB. Salamanca 0-3 Celta B

Exhibición do Celta B que silencia o Helmántico cunha goleada (0-3)



Liga de 2ªB. Pontevedra 2-0 Salamanca
Liga de 2ªB. Pontevedra 2-0 Salamanca

O Pontevdra saúda de novo o liderato tras superar a resistencia dun Salamanca que se agarrou ao seu porteiro, o debutante Barbero, para conter o acoso granate nun primeiro tempo con escasas ocasións de gol. Unha cabezada de Rufo e outra do central Xisco Campos foron a única achega ofensiva dos pontevedreses nestes corenta e cinco minutos. Todo mudou coa expulsión de De Lorenzi no minuto 57 por este derrubo a Charles cando encaraba ao meta de Barbero. O central arxentino xa contaba cun cartón amarelo da primeira metade. A partir de aquí, desatáronse os ataques pontevedreses contra a meta salmantina con remates de Álex González, Charles, Xisco Campos e Iñaki rexeitados por un sensacional Dani Barbero. O muro dos de Egea semellaba imposible de derrubar. A súa resistencia durou ata o minuto 89, cando o meta lle fai penalti a Rufo, que Charles se encarga de transformar no un a cero. Segndo tanto do dianteiro na Liga, ambos de penalti. Co Pontevedra lanzado, Charles conduce unha contra e serve para que marque o seu compañeiro, o goleador Rufo que lograba o seu primeiro tanto. Con esta vitoria, os pontevedreses recuperan o liderato por mellor diferencia de goles que o Deportivo. Aquí tedes o partido completo: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/futbol-2-b-pontevedra-c-f-salamanca-c-f-uds-4664074



Liga de Terceira. Resumo dos mellores encontros ⚽
Liga de Terceira. Resumo dos mellores encontros ⚽

Aquí tedes os resumos dos seguintes partidos: -Arousa 2-1 Ourense CF -UD Ourense 2-0 O Barco -Choco 0-0 Arenteiro -Atios 1-0 Ribadumia -Estradense 2-1 Rápido de Bouzas -Polvorín 4-1 Viveiro -Silva 1-1 Fabril



Highlights

Ao Contraataque: Carlos Mouriz, director xeral do Racing de Ferrol
Ao Contraataque: Carlos Mouriz, director xeral do Racing de Ferrol

AoContraataque O director xeral do Racing de Ferrol, Carlos Mouriz, pasa polos micrófonos do Contraataque para falar do ...



Ao Contraataque: Argimiro Marnotes, presidente do Arenteiro
Ao Contraataque: Argimiro Marnotes, presidente do Arenteiro

AoContraataque Despois de eliminar ao Almería na Copa do Rei, o presidente do Arenteiro pasa polos micrófonos do ...



Liga de 2ªB. Compostela 0-1 Marino
Liga de 2ªB. Compostela 0-1 Marino

EnXogo Derrota na despedida da liga do Compostela no Vero Boquete Aquí tedes o partido completo: ...



Liga de 2ª B. Covadonga 0-3 Pontevedra
Liga de 2ª B. Covadonga 0-3 Pontevedra

EnXogo O Pontevedra volve a ser o líder da fase de permanencia logo de gañar en Oviedo ao Covadonga por 0-3 (Rufo 2 e Borja Martínez) Subscríbete á ...



Liga de 2ª B. Deportivo 5-0 Langreo
Liga de 2ª B. Deportivo 5-0 Langreo

EnXogo O Deportivo acaba a temporada en Riazor cunha goleada sobre o Langreo que garante a presenza na Primeira RFEF do cadro coruñés para a ...



Liga de 2ª B. Celta B 2-1 Cultural Leonesa
Liga de 2ª B. Celta B 2-1 Cultural Leonesa

EnXogo O Celta B consegue a clasificación matemática para xogar a fase de ascenso a Segunda División logo de gañarlle por 2-1 á Cultural Leonesa cun ...



Liga de 2ª B. Rácing 1-1 Numancia
Liga de 2ª B. Rácing 1-1 Numancia

EnXogo O Rácing empata co Numancia na Malata e depende de sí mesmo para acadar a clasificación a Primeira RFEF na última xornada Subscríbete á ...





User Detail Page

You can find user latest posts and related content on the page. Friends, comments for events / matches are also available on the page. Even you can find users who are same pleasure with current user.

#Travel, #SupportYourTeam, #AllAboutSports