Resumo do partido que enfrontou a estes dous equipos no Estadio Municipal de San Lázaro na eliminatoria de campións para ascender a Segunda División B, recollidas polos compañeiros da TVG. Partido sen goles pero de moita calidade e moita tensión. Ademais, as imaxes están comentadas por Róber, que onte foi de invitado ao En Xogo.