A SD Compostela desputou unha nova eliminatoria do play off de ascenso a Segunda B, despois de caer na ronda de campións de grupo. Desta vez enfrontouse ao Terrassa no campo dos cataláns, nun partido de ida que rematou con vitoria local por 2 goles a 0. O próximo encontro desputarase en San Lázaro o domingo día 10.