Sociedad Deportiva Compostela's user profile page. Match highlights, posts and more on site!“” Report User |
Manuel Losada e Yago Iglesias analizaron na sala de prensa o #ComposPorriño da vixésimo novena xornada de liga da Terceira División e que acabou con vitoria local por 5-0. Os técnicos valoraron un partido no que o Compos foi superior.
As mellores accións do #ComposPorriño, vivido na tarde de onte no Estadio Municipal Vero Boquete de San Lázaro, recollidas polos compañeiros da TVG. Podemos ver o primeiro tanto de Rubén e o póker de Aythami, así como algunha ocasión máis. Ademais, o noso capitán Álvaro Casas estivo presente no En Xogo, sendo entrevistado en directo.
As mellores accións do derbi #ComposRacing, vivido na tarde de onte no Estadio Municipal Vero Boquete de San Lázaro, recollidas polos compañeiros da TVG. Podemos ver os gol de Aythami e o hat trick de Álex Ares, así como os tantos de Armental, Juan Antonio e Miguel Villarejo, para os visitantes.
Este domingo arrinca o denominado 'Tourmalet' do grupo 1 da Terceira División. Bergantiños FC, Arosa SC, Racing Club de Ferrol SAD, UD Ourense, Porriño Industrial CF e Centro de Deportes Barco traeránnos un mes e medio de competición moi duro, pero tamén moi ilusionante. Imos a por el!!! #PeregrinandoCaraUnSoño
As mellores accións do #ComposPaiosaco, vivido na tarde do domingo no Estadio Municipal Vero Boquete de San Lázaro, recollidas polos compañeiros da TVG. Podemos ver os goles de Josiño e Santi, para os locais, e os de Edu e Iván Amor, para os visitantes. O Compos suma un novo punto para seguir en postos de playoff.
Antonio Fernández e Yago Iglesias analizaron na sala de prensa o #ComposAlondras da vixésimo segunda xornada de liga da Terceira División e que acabou con vitoria local por 4-1. Os técnicos valoraron un partido no que o Compos foi moi superior, como así o reflexa o resultado.
Yago Iglesias analizou na sala de prensa o encontro deste domingo contra o Céltiga FC. Partido da vixésimo primeira xornada de Liga do Grupo 1 da Terceira División, que se disputará no Campo Salvador Otero a ás 16.45 horas.
As mellores imaxes do #CéltigaCompos, no que se enfrontaron estes dous equipos no Campo Salvador Otero, recollidas pola TVG. Podemos ver o tanto de Aram para os locais, así como os dobretes de Brais Abelenda e Álex Ares e o gol de Rubén para nosos. Primeira vitoria do 2019 e lonxe do Vero Boquete tras varios meses.