Sociedad Deportiva Compostela's user profile page. Match highlights, posts and more on site!

“”

 Report User

Highlights

CD Barco 0-5 SD Compostela
CD Barco 0-5 SD Compostela

Resumo amplo do #BarcoCompos, da vixésimo segunda xornada de liga, recollido pola TVG. Podemos ver as mellores ocasións do gran encontro dos nosos, así como o hat trick de Primo, na súa volta aos terreos de xogo, e os goles desde o punto de penalti de Pablo Antas e Hugo Sanmartín. Foi un triunfo histórico para o club en Calabagueiros, cuarto seguido na liga, para seguir no máis alto.



UD Somozas 1-2 SD Compostela
UD Somozas 1-2 SD Compostela

Resumo amplo do #SomozasCompos, da vixésimo primeira xornada de liga, recollido pola TVG. Podemos ver as mellores ocasións do encontro, así como o gol de Eloy, para os locais, e os de Hugo Sanmartín e Brais Abelenda, para os nosos. Foi o primeiro triunfo como visitantes desta segunda volta, para seguir no máis alto.



SD Compostela 1-0 Alondras CF
SD Compostela 1-0 Alondras CF

Resumo amplo do #ComposAlondras, da vixésima xornada de liga, recollido pola TVG. Podemos ver as mellores ocasións do encontro dos nosos, así como o gol decisivo de Pablo Antas. Foi o undécimo triunfo consecutivo no Vero Boquete para seguir no máis alto da clasificación.



SD Compostela 3-0 CD Arenteiro
SD Compostela 3-0 CD Arenteiro

Resumo do #ComposArenteiro, da décimo novena xornada de liga, recollidas pola TVG. Podemos ver a primeira ocasión dos nosos e os posteriores goles, dous de Brais Abelenda e un de Gabri Palmás. Foi o décimo triunfo consecutivo no Vero Boquete que certificou o campionato de inverno para o Compos.



UD Paiosaco 0-0 SD Compostela
UD Paiosaco 0-0 SD Compostela

As imaxes do #PaiosacoCompos, da décimo cuarta xornada de liga, recollidas pola TVG. Resumo coas mellores ocasións dos nosos, que se toparon coa gran tarde de Rama e os paus da portería visitante.



SD Compostela 1-0 Silva SD
SD Compostela 1-0 Silva SD

O gol e unha das mellores ocasións do #ComposSilva, da undécima xornada de liga, recollidas pola TVG. Podemos ver o tanto de Josiño, para o 1-0 final, que permitiu unha nova vitoria no fortín branquiazul.



Rolda de Prensa SD Compostela 1-0 Silva SD
Rolda de Prensa SD Compostela 1-0 Silva SD

Javier Bardanca e Yago Iglesias analizaron na sala de prensa do Estadio Verónica Boquete de San Lázaro o #ComposSilva da Xornada 11 de Liga e que acabou con vitoria local por 1-0.



UD Ourense 1-0 SD Compostela
UD Ourense 1-0 SD Compostela

As imaxes do #DerbiDaVíaDaPrata, da oitava xornada de liga, recollidas pola TVG. Resumo con algunhas das mellores ocasións dos nosos e o tanto de Iago Blanco, que lle deu o triunfo aos locais.




« Previous Next »


User Detail Page

You can find user latest posts and related content on the page. Friends, comments for events / matches are also available on the page. Even you can find users who are same pleasure with current user.

#Travel, #SupportYourTeam, #AllAboutSports